GLOSARIO

  • Ciberacoso: uso indebido das tecnoloxías da información e da comunicación co fin de causar dano psicolóxico a unha terceira persoa.

  • Sexting: alude ao envío de mensaxes con contido de tipo pornográfico ou erótico a través do uso de teléfonos móbiles.

  • Grooming: acoso sexual realizado virtualmente a unha persoa menor de idade. Consiste en que un adulto realiza accións intencionais para establecer un vínculo cun menor ou unha menor con intención sexual.

  • Navegador: programa que solicita aos servidores a información referente a algunhas páxinas web, desprega os seus contidos e permite ao usuario a navegación por elas.

  • Ciberbullying: uso difamatorio de portais web persoais realizados por un ou máis individuos e coa finalidade de causar dano a outras persoas.

  • Comunidade virtual: grupo de persoas que se comunican sobre un tema ou obxecto de mutuo interese a través de internet mediante aplicacións das TIC's.

  • Hacker: experto en programas informáticos, ordenadores e sistemas de redes, sendo considerados personaxes benignos na rede.

  • TIC: tecnoloxías da información e da comunicación.

  • Freeware: software que se distribúe sen ningún custo por un tempo ilimitado.

  • Software libre: software de libre distribución. É unha alternativa ó software denominado propietario ou non libre. A súa adaptabilidade, estabilidade e o seu menor custo que os sistemas pechados fano unha mellor alternativa para o seu uso en áreas como catalogación ou sistemas de clasificación.

  • Chat: término inglés que significa conversación. É un servizo proporcionado por internet que permite ós usuarios comunicarse simultaneamente.

  • Banear: limitar as accións dun usuario nun sistema informático en que interaccionan diversas persoas.

  • Aplicación: software accesible para os clientes e servidores que permite executar funcións determinadas na internet tales como compras por internet, edición de imaxes, etc

  • Malware: programa informático realizado sen o coñecemento nin autorización do propietario provocando alteracións no sistema que son prexudiciais para o usuario.



Comentarios