VIDEOXOGOS

  • Que é e como se emprega

Un videoxogo é unha forma de entretemento interactivo que se xoga a través dun dispositivo electrónico, como unha consola de videoxogos, un ordenador, unha tableta ou un teléfono móbil. Un videoxogo xeralmente implica unha serie de desafíos e obxectivos que o xogador debe superar a medida que avanza a través do xogo. Os videoxogos poden ser de moitos xéneros diferentes, desde xogos de acción e aventura ata xogos de estratexia, deportes, simulación, entre outros.

Os videoxogos poden ser para un só xogador ou para varios xogadores en liña. Tamén poden ter diferentes niveis de dificultade e complexidade, dende xogos simples e fáciles de xogar ata xogos moi complexos con gráficos avanzados, tramas profundas e mecánicas de xogo complicadas.

Ademáis de ser unha forma de entretemento, os videoxogos tamén se utilizan para a educación, a formación e a terapia, xa que poden ser unha forramenta moi efectiva para ensinar habilidades, mellorar a memoria e a atención, e desenvolver a coordinación e a destreza manual.



  • Ventaxas e desventaxas

    • Ventaxas:

      • Fomentar a aprendizaxe interactiva

      • Aumento a flexibilidade

      • Fomenta a aprendizaxe experiencial

      • Fomenta a aprendizaxe colaborativa

      • Crea un efecto de inmersión

      • Aumenta a motivación

      • Estimula la creatividade


    • Desventaxas

      • Adicción

      • Costo

      • Non diferenciación entre o que é real e o que non

      • Risco de illamento social

      • Poden chegar a conter contido inapropiado

      • Poden facer que o alumnado perda cualidades noutros ámbitos da vida real



  • Perigos

    • Ceder información persoal

    • Pouca privacidade

    • Ciberacoso

    • Adicción

    • Gastos non desexados

    • Malware

    • Perigo se non se posúe experiencia nestes ámbitos



  • Consellos

    • Tratar de non manter contacto con xente que non forma parte do teu entorno.

    • Non ceder información privada.

    • Poñer un cobre cámaras á webcam/cámara para que a xente non poida pirateala e observarte.

    • Activar o control parental en caso de ser un neno.

    • Manter certa supervisión sobre o dispositivo do seu fillo/filla para que non xurdan problemas.

    • Establecer un horario de uso destes dispositivos para que o seu desfrute non se converta en vicio.




Comentarios