RECURSOS

O uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e outras pantallas converteuse nunha parte integral da vida cotiá das familias, especialmente coa pandemia e a necesidade de traballar, estudar e socializar desde os fogares. Por iso, neste apartado recollemos varios exemplos de guías, vídeos e páxinas web para facilitar aos pais e ás nais o acceso a recursos complementarios que lles permitan coñecer mellor as TIC e aplicar sobre os seus fillos a mellor educación posible. Pódense observar a continuación unha serie de ligazóns coas súas respectivas descricións, para que teñades á vosa disposición máis blogs ou páxinas para vos seguir informando:

É unha iniciativa que ten como obxectivo promover un uso seguro e saudable das TIC e outras pantallasna infancia e na adolescencia. No seu sitio web, pódense encontrar numerosos recursos, como guías, vídeos e xogos educativos, para axudar aos pais/nais e educadores a abordar o tema das pantallas cos mozos/mozas. Ademais, ofrecen unha asesoría personalizada, así como diversas actuacións como a celebración de xornadas divulgativas e talleres.


  • Guía de padres. Nuevas tecnologías. (cuidate-guia_padres_nuevas_tecnologias.pdf (comunidad.madrid)): Este documento centrase en aspectos moi importantes como son os perigos e riscos da Internet, como o sexting, ciberacoso e o control parental. É unha guía moi completa e interesante que se enfoca na educación dos pais para que poidan protexer aos seus fillos e garantir un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais. Ademais, inclúe un glosario de termos ao final e unha sección de recursos similares moi ampla. A guía foi publicada pola Comunidade de Madrid.

  • Guía para padres y educadores sobre el uso seguro de Internet, móviles y videojuegos.(guia_pad_edu.pdf (xunta.gal): Este documento é unha guía para pais e educadores sobre o uso seguro de Internet, móbiles e videoxogos. Presentan as vantaxes e pautas para o uso dos móbiles, videoxogos e Internet en xeral. Ademais, destácanse as diferenzas entre o uso, abuso e adicción, e trátanse os factores de risco e protección, con respectivas habilidades de comunicación que necesitamos para abordar este tema cos rapaces, adaptando estas habilidades ás diferentes idades. En resumo, é unha guía moi completa e interesante tanto para docentes como para pais e nais. O documento está dispoñible no sitio web da Xunta de Galicia en formato PDF.

  • Mi guía de Salud (Uso positivo de las tics | Promoción de la salud (miguiadesalud.es)): É un espacio web que aborda a promoción de hábitos e estilos de vida saudables, conta cunha serie de apartados para a promoción da saúde en xeral e ten unha sección dedicada as TIC, onde se ofrecen diferentes recomendacións para aquelas persoas que desexen aumentar o seu benestar e calidade de vida mediante o uso responsable e saudable das tecnoloxías dixitais. Pareceunos interesante esta opción porque ademais dos contidos pertinentes sobre as TIC conten outros totalmente relevantes sobre a vida cotiá, que consideramos que parte da poboación non ten en conta ou non lle presta a atención que debería.


É unha aplicación gratuíta de control parental deseñada para axudar aos pais a supervisar e controlar o uso dos dispositivos dos seus fillos. Permite aos pais establecer regras e límites para o uso de aplicacións, establecer horarios para o uso do dispositivo, controlar o tempo de pantalla e bloquear contido inapropiado. Esta ferramenta tamén proporciona informes sobre o uso do dispositivo e das aplicacións, para que os pais poidan supervisar a actividade dos seus fillos e tomar decisións informadas sobre como xestionar o tempo que pasan nos seus dispositivos. A recomendación desta aplicación é unha aposta diferente as citadas anteriormente, pero consideramos oportuno darlle visibilidade para que as familias teñan a posibilidade de actuar dun xeito diferente.


-        Vídeo (Normas para niños y padres en el uso de la tecnología - BBVA Aprendemos Juntos 2030 : BBVA Aprendemos Juntos 2030)


Esta breve gravación trata sobre a importancia de establecer normas claras e límites no uso da tecnoloxía para nenos e adolescentes. Focalízase en como os pais poden educar aos seus fillos para un uso responsable e saudable da tecnoloxía, mentres fomentan o desenvolvemento de habilidades dixitais útiles e necesarias no mundo actual. O vídeo ofrece consellos prácticos para as familias sobre como establecer regras e límites no uso dos dispositivos, como controlar o tempo de pantalla e como fomentar o diálogo e a comunicación aberta cos seus fillos/fillas sobre o uso da tecnoloxía. Esta suxestión é máis dinámica ca as primeiras xa que é un vídeo, pero non menos importante porque as pautas que menciona a psicóloga son destacables, por iso decidimos destacala.


Comentarios